Mellor campaña de internet nos XXIII Premios de Publicidade en Galego
Mellor campaña de internet nos XXIII Premios de Publicidade en Galego
Na tarde de onte tivemos o enorme pracer de recollermos un novo premio pola campaña 'Fai Historia con Nós', que fixemos para promover o Grao en Historía, Historía da Arte e Xeografía da Universidade de Vigo no Campus de Ourense. Nesta ocasión foi na XXIII edición dos Premios de Publicidade en Galego do Consello Asesor da CRTVG e RTVE-G onde se recoñocía o traballo publicitario en galego de 3 categorías: radio, prensa e internet, presentándose 110 campañas e sendo Nasas galardoada na categoría de Mellor campaña de publicidade en galego en internet.
[vimeo]
[/vimeo]Como recordaredes, 'Fai historia con nós' é unha campaña 360º na que, ademais do spot premiado, se distribuiu cartelería, flyers e outros elementos promocionais nos que os protagonistas son personaxes históricos como Napoleón, Cleopatra ou Frida Kalho mostradas ao mundo baixo a nosa particular visión.
Só nos queda dicir, moitas grazas polo premio, moitas grazas ao Decanato da Facultade de Historia pola confianza en todo o proceso creativo e que veñan moitos máis :)