Premiados na XXIV Edición dos Premios de Publicidade en Galego
10 noviembre 2017
Premiados na XXIV Edición dos Premios de Publicidade en Galego
¡Premiados por "Mellor campaña de internet"!
O ano pasado fomos premiados pola campaña Fai historia con nós, unha campaña 360º, que fixemos para promocionar a modalidade semipresencial do Grao de Historia da Universidade de Vigo. Esta vez recolleremos o galardón o vindeiro venres 17 de novembro na gala da XXIV Edición dos Premios de Publicidade en Galego que terá lugar no Parlamento de Galicia. A campaña pola que fomos merecedores deste premio é “A túa compra, os teus temazos” que fixemos para supermercados Gadis. A idea consistía en que os clientes podían propoñer a música que lles gustaría escoitar mentres facían a compra. Toda unha experiencia de cliente de internet ao punto de venda.