Proxecto Probono 2016
20 junio 2016
Proxecto Probono 2016
Como cada ano, en Nasas volvemos co noso proxecto Probono co que achegamos o noso graniño de area para conseguirmos un mundo mellor. Gústanos investir o noso tempo persoal e profesional a fomentar proxectos que comparten os nosos valores e ideas. En 2015 realizamos a web de Alcer Coruña, en 2014 o site da asociación cultural de A Coruña La Escuela Iniciativas Culturales e en 2013 deseñamos o logotipo para a cooperativa enerxética galega Nosa Enerxía.
En 2016 abrimos unha nova convocatoria para todas aquelas entidades que necesitan axuda para elaborar un novo deseño de imaxe corporativa, un plan de comunicación dixital, campaña de captación ou a creación/redeseño dunha web. Entre todas as candidaturas que se presenten, escolleremos unha entidade que cumpra os seguintes requisitos:
- Entidades sociais ou culturais, non afiliadas a ningún partido político ou relixión.
- Ingresos inferiores a 750.000€ anuais.
- Sede en A Coruña, aínda que o seu traballo se realice en calquera parte do mundo.
Nova campa?a “probono” de Nasas | Galicia Sustentable
[…] no ?ben público? a axencia coruñesa de mercadotecnia en liña, Nasas, vén de anunciar a súa nova convocatoria para realizar unha campaña Probono (para o ben público). A finalidade desta achega, segundo o equipo da empresa, é […]