Proxecto Probono 2016

Proxecto Probono 2016

20 junio 2016
Nosotr@s

Proxecto Probono 2016

Como cada ano, en Nasas volvemos co noso proxecto Probono co que achegamos o noso graniño de area para conseguirmos un mundo mellor. Gústanos investir o noso tempo persoal e profesional a fomentar proxectos que comparten os nosos valores e ideas. En 2015 realizamos a web de Alcer Coruña, en  2014 o site da asociación cultural de A Coruña La Escuela Iniciativas Culturales e en 2013 deseñamos o logotipo para a cooperativa enerxética galega Nosa Enerxía. En 2016 abrimos unha nova convocatoria para todas aquelas entidades que necesitan axuda para elaborar un novo deseño de imaxe corporativa, un plan de comunicación dixital, campaña de captación ou a creación/redeseño dunha web. Entre todas as candidaturas que se presenten, escolleremos unha entidade que cumpra os seguintes requisitos:
  • Entidades sociais ou culturais, non afiliadas a ningún partido político ou relixión.
  • Ingresos inferiores a 750.000€ anuais.
  • Sede en A Coruña, aínda que o seu traballo se realice en calquera parte do mundo.
Se necesitas algún dos servizos que ofrecemos e queres que o desenvolvamos sen ningún coste para vós, escríbenos contándonos quen sodes, que necesitades e por que deberiades ser o noso seguinte proxecto Probono:  info@nasassocialmedia.com co asunto REF. Probono 2016 ata o 1 de xullo. Estamos desexando coñecervos! :)  
Comparte
Código de verificación
Nova campa?a “probono” de Nasas | Galicia Sustentable
[…] no ?ben público? a axencia coruñesa de mercadotecnia en liña, Nasas, vén de anunciar a súa nova convocatoria para realizar unha campaña Probono (para o ben público). A finalidade desta achega, segundo o equipo da empresa, é […]
Esta web emplea cookies. Si continúas navegando entendemos que aceptas nuestra Política de cookies.