VACANTE NASAS: Creador de contidos junior

VACANTE NASAS: Creador de contidos junior

16 agosto 2016
Nosotr@s

VACANTE NASAS: Creador de contidos junior

En Nasas estamos buscando unha nova persoa para o noso equipo de contidos, desenvolvendo tarefas no eido do marketing online como xestión de contas en redes socias e blog, xestión de campañas publicitarias en internet: social ads e SEM,  xestión da reputación online e escoita activa. Buscamos a unha persoa JUNIOR que creza connosco na empresa. Moi valorable que teñas coñecementos básicos de SEO e experiencia previa en comunicación offline.

  • Requisitos: 

-Compartir o noso compromiso coa sostibilidade, a inclusión e o desexo de xerar un impacto positivo no mundo. 

-Estudos superiores: Licenciatura ou Grao.

-Idiomas: perfecto coñecemento do galego e castelán, falado e escrito (Imprescindible). Bo coñecemento do inglés, falado e escrito (mínimo B2). -

Uso diario de redes sociais Facebook, Twitter, Instagram. Valorable experiencia con contidos en Snapchat.

-Coñecementos básicos de html -Creatividade, curiosidade, “think out of the box”, proactividade, responsabilidade, autonomía.

-Experiencia mínima en xestión de contas en redes socias: contidos, soporte cliente, elaboración de informes de reporting, xestión de social ads, xestión de concursos. Achegar exemplos de páxinas en redes sociais que levaras para marcas, artistas, empresas, entidades, etc.

-Experiencia mínima en xestión de wordpress e redacción de contidos para blog.

-Experiencia mínima en gabinete de comunicación: redacción notas de prensa, xestión de entrevistas, relacións cos xornalistas.

-Experiencia mínima en xestión de clientes: asistencia a reunións, creación de propostas.

  • Desexable:?

-Experiencia en xestión de campañas SEM: Google Adwords e RTB -Experiencia en xestión da escoita activa e monitorización en internet.

Coche e carné de conducir

Solicitude:

Envía, por favor, o teu CV (max. 2 follas) con exemplos (ligazóns) de contas que xestionaches e un pequeno resumo informal de quen es: que che gusta, interesa, que fixeches previamente (max 6 liñas) a fatima.carmena@nasassocialmedia.com antes do 4/09/2016.

Se encaixas co que estamos a buscar, chamarémoste para unha entrevista persoal na semana do 5 ao 9 de setembro. A incorporación está prevista para o mes de setembro na nosa sede no centro da Coruña.

Comparte
Código de verificación