Vacante: Redactor/a Copy
Descrición de emprego
En Nasas estamos buscando unha nova persoa para o noso equipo, desenvolvendo tarefas de creatividade publicitaria, creación de contidos, copywriting, xestión de contas en redes socias e blog, xestión de campañas publicitarias en internet (social ads e SEM), xestión da reputación online e escoita activa, creación de contidos para TikTok, xestión de colaboracións con influíntes.
Se buscas unha axencia onde a túa opinión será relevante, o trato co cliente é directo e as túas propostas son escoitadas, Nasas é o teu sitio.
Requisitos
- Compartir o noso compromiso coa sostibilidade, a inclusión e o desexo de xerar un impacto positivo no mundo. Formamos parte da rede de empresas B Corp que reúne as mellores empresas por e para o mundo.
- Estudos superiores: Licenciatura (Publicidade, Audiovisual, Xornalismo, etc).
- Creatividade, curiosidade, proactividade, responsabilidade, autonomía.
- Redacción creativa e capacidade de conceptualización.
- Experiencia mínima de 4 anos en cliente ou axencia xestionando contas en redes sociais para grandes marcas: contidos, elaboración de informes de reporting, xestión de social ads, xestión de concursos. Achegar exemplos de páxinas en redes sociais que xestionases para marcas, empresas, entidades, etc.
- Idiomas: perfecto coñecemento do galego e castelán, falado e escrito (imprescindible).
- Usuario/a frecuente de redes sociais Facebook, X, Instagram, Linkedin, TikTok e Youtube.
- Experiencia mínima en xestión de Wordpress e redacción de contidos para blog.
Desexable
- Experiencia en xestión de campañas Paid Social e SEM (Google Ads).
- Experiencia en xestión da escoita activa e monitorización en internet.
- Experiencia en traballos audiovisuais e tarefas de produción audiovisual.
Que ofrecemos?
- Bo ambiente de traballo.
- Salario según experiencia e valía da persoa candidata.
- Incorporación inmediata á nosa axencia na Coruña a horario completo, presencialmente polas mañás e teletraballando ás tardes.
Solicitude
Envía por favor o teu CV con exemplos de contas que xestionaches e un pequeno resumo informal de quen es: que che gusta, interesa, que fixeches previamente (máx. 6 liñas) a info@agencianasas.com co asunto REF. Vacante contidos 2024.
Esta vacante é para cubrir unha substitución de longa duración; presenta a túa solicitude se che encaixa.
Garantimos discreción no proceso de selección. As persoas seleccionadas serán convocadas para unha entrevista.
Límite de presentación de candidaturas: 6 de outubro.