VACANTE: Redactor contidos dixitais

VACANTE: Redactor contidos dixitais

28 enero 2019
Nosotr@s

Incorporación inmediata na nosa sede da Coruña

En Nasas estamos buscando unha nova persoa para o noso equipo, desenvolvendo tarefas no eido do marketing online como xestión de contas en redes socias e blog, xestión de campañas publicitarias en internet: social ads e SEM, xestión da reputación online e escoita activa. 


Requisitos:

  • Compartir o noso compromiso coa sostibilidade, a inclusión e o desexo de xerar un impacto positivo no mundo.
  • Estudos superiores: Licenciatura, preferiblemente en Comunicación, Filoloxía, Publicidade.
  • Redacción creativa e capacidade de conceptualización.
  • Experiencia en cliente ou axencia xestionando contas en redes socias para marcas: contidos, elaboración de informes de reporting, xestión de social ads, xestión de concursos. Achegar exemplos de páxinas en redes sociais que levaras para marcas, empresas, entidades, etc.
  • Idiomas: perfecto coñecemento do galego e castelán, falado e escrito (Imprescindible). Bo coñecemento do inglés, falado e escrito.
  • Usuario frecuente de redes sociais Facebook, Twitter, Instagram, Linkedin e Youtube.
  • Creatividade, curiosidade, proactividade, responsabilidade, autonomía.
  • Experiencia mínima en xestión de wordpress e redacción de contidos para blog.

Desexable:

  • Experiencia en xestión de campañas Paid Social e SEM (Adwords).
  • Experiencia en xestión da escoita activa e monitorización en internet.

 

Que ofrecemos?

- Bo ambiente de traballo.
- Salario según experiencia e valía do candidato.
- Incorporación inmediata.

Solicitude:

Envía por favor o teu CV con exemplos de contas que xestionaches e un pequeno resumo informal de quen es: que che gusta, interesa, que fixeches previamente (max 6 liñas) a info@nasassocialmedia.com co asunto REF. Vacante Nasas Contidos dixitais antes do 4 de febreiro de 2019.


A incorporación sería para a na nosa sede no centro da Coruña.

Comparte
Código de verificación